lunes, 25 de diciembre de 2017

Cronica

Fervenzas de Oneta (Villayon)

Salmos coma sempre hacia Asturias e comezando a ruta a primeira dificultade, as chuvias recentes facian imposible cruzar o río xa que estaban desbordados os pasos, así que tivemos que tomar camiño pola estrada ata Villayón, onde tíñamos o bus.

Unha vez alí fomos ata Oneta, e baixamos as cataratas, por un sendeiro amplío, mais ben turístico, a primeira catarata nos impresionou polo alta e caudalosa, certamente atronaba, e logo a segunda, mais escondida tamén xigantesca coa auga que levaba o río, a terceira xa era imposible de chegar a ela con seguridade e dimos volta.

Comimos en Villayón en El Torneiro, o que seguramente foi a comida mais impresionante que tomei en todos estos anos en Paso Miúdo, o repolo recheo incrible.

E sin mais volvimos, pola maña nos respetou o tempo, pero o salir do restaurante xa chovía, e ata outro mes.

Juan A. Fdez Vazquez



Powered by Wikiloc

No hay comentarios:

Publicar un comentario